IV Xornadas EPSIDE 2008
Os vindeiros venres día 10, e sábado día 11 de Outubro, celebraráse nas instalacións do "Centro Don Bosco” en Santiago de Compostela a cuarta edición das Xornadas da Asociación Galega de Especialistas en Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física (EPSIDE).
Nesta edición o título das Xornadas é "Adestrando deportiva-mente:Aportacións prácticas da Psicoloxía do Deporte". Os membros de EPSIDE queren facer un chamamento a todas aquelas persoas involucradas no mundo do deporte en xeral, ou ben, interesadas polos distintos campos do traballo psicolóxico, a que se acheguen ás Xornadas e participen cun espíritu activo e colaborador, xa que como ven sendo norma neste tipo de xuntanzas, a idea fundamental é compartir experiencias e enriquecer a tódolos participantes en coñecemento aplicado, e quen sabe, se poden xurdir proxectos de traballo ou iniciativas conxuntas de cara o futuro. Daquela, tódalas persoas que teñan algún tipo de inquedanza en calquera aspecto, e desexen plantexar as súas experiencias ou ter acceso as ponencias e os coloquios, teñen as portas abertas para participar, sen ningún outro requisito máis alá da inscrición.
O Club de Xadrez Albatros participará nesta edición, como ven sendo habitual, coa presencia de Daniel Lomba, que participará no grupo de traballo dos aspectos relacionados coa “Dinámicas de equipo no deporte".
Adxuntamos díptico informativo sobre as Xornadas --> DIPTICO IV XORNADAS. Podedes consultar máis aspectos sobre EPSIDE na páxina web www.epside.org, ou poñéndovos en contacto coa Asociación no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Modificado o ( Martes, 30 Setembro 2008 09:33 )





