Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

A “Visualización” ou “Práctica imaxinada” é unha das técnicas máis recurrentes no aprendizaxe no deporte e no adestramento psicolóxico en xeral.

 

              Neste caso, e dentro do “Programa de Potenciación da Memoria”, que implantaremos este ano na dinámica de traballo da Escola, incorporamos previamente un “Taller de Aprendizaxe en Técnicas en Visualización”, que axuden ós rapaces no aprendizaxe e desenvolvemento dos seus recursos tácticos e técnicos, e no recoñecemento de posicións xa traballadas con anterioridade. 

O traballo en Visualización aplicada ó Xadrez, e un recurso máis que axuda a mellora-lo rendemento competitivo, e de optimización dos procesos da aprendizaxe no xogo. Ó contar cun profesional da Psicoloxía do Deporte na Escola, implica que estas técnicas sexan aplicadas con rigor e seriedade, xa que en moitas ocasións, este tipo de traballo e moi criticado e se dubida da súa utilidade, cando o que realmente no é fiable é a aplicación por parte de adestradores non formados ou xogadores no seu ámbito particular, que tentan de traballar este tipo de recursos sen o asesoramento profesional pertinente, non obtendo polo tanto os resultados agardados.

           Este sábado día 8 comezamos coa primeira sesión, que terá a súa continuación  ata final de ano. Como xa se indicou, este Taller se engloba dentro do “Programa de Memoria” que se desenvolverá a partir do vindeiro ano 2009, coincidindo co comezo da Tempada Competitiva na Liga Galega.  

Modificado o ( Mércores, 12 Novembro 2008 09:11 )