Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 

 

 


 “memoria” ,é unha das capacidades mentais máis importantes dentro da práctica e desenvolvemento do Xadrez.
    Ao longo deste mes de xaneiro, avanzamos un pasiño máis dentro do Programa de potenciación da memoria dos nosos alumnos na Escola de Xadrez Albatros.
              Daquela tralas primeiras nocións en “Visualización” ou “Práctica imaxinada”, que como xa indicamos, é unha das técnicas máis recurrentes no aprendizaxe no deporte e no adestramento psicolóxico en xeral, iniciamos o traballo en memoria propiamente dito. Para iso utilizamos os materias propios da Escola baseados na experiencia na Práctica Psicolóxica en Deporte que desenvolvín o longo de varios anos e en varios campos. Como medio instrumental decidiuse utilizar o material das Aperturas no Xadrez, recollidas de diferentes libros e material bibliográfico en xeral. Con esta base, reelaborouse unha Programación que se desenvolverá ata o mes de xuño, e que ata de agora está tendo unha boa aceptación entre os alumnos, e que na parte final do curso terá a súa avaliación obxectiva para valorar o impacto do Programa na aprendizaxe dos rapaces.

       

         


Modificado o ( Mércores, 22 Xullo 2009 11:28 )