Biografía de Garry Kasparov
Garry Kasparov | ||
Garry Kasparov 2007 | ||
Nome completo | Garry Kimovich Kasparov | |
Nacimento | Abril de 1963 en Bakú, , Azerbaijan | |
Título | Gran Mestre | |
Campión do Mundo | 1985–2000 | |
Maior ranking | 2851 (Julio de 1999) | |
Durante o mes de Novembro, e como anunciamos previamente, vamos a adicarlle parte dos contidos da páxina web e parte das clases da Escola de Xadrez Albatros a Garry Kimovich Kasparov. Naceu o 13 de Abril de 1963 en Baku, Azerbaijan, é un Gran Mestre Ruso de Xadrez, antiguo Campión do Mundo de Xadrez, escritor e activista político. Kasparov é un candidato para as presidenciales rusas do ano 2008.
Kasparov converteuse no máis xoven Campión do Mundo de Xadrez da historia no ano 1985. Mantivo o título de Campión do Mundo ata o ano 1993. En 1993 produciuse un cisma no mundo do Xadrez, cando Kaspárov enfrentouse a Federación Internacional de Xadrez (FIDE), formando a súa propia asociación de xogadores e organizando un campionato do mundo paralelo. Kasparov continuou có título de Campión do Mundo de Xadrez versión “Clásico” ata que foi derrotado no ano 2000 por Vladimir Kramnik. Esta situación prolongouse ata que en 2006 produciuse un enfrentamiento entre Vladímir Krámnik y Veselin Topalov que perseguiu reunificar o título mundial.
Kasparov anunciou a su retirada do Xadrez profesional o 10 de Marzo de 2005, elexindo pasar o seu tempo escribindo e sendo político.
Logros obtidos por Garry Kasparov na súa carreira como Axedrecista:
- Kasparov ten o record de máis tempo como xogador número 1 do mundo.
- En Xaneiro de 1990 Kasparov conseguiu o máis alto ranking de elo FIDE de tódolos tempos, pasando a barreira dos 2800 puntos, rompendo o anterior rexistro en máns de Bobby Fischer de 2785.
- Os logros de Kasparov inclúen ser o primeiro do ranking de elo continuamente dende Febreiro de 1985 ata Outubro de 2005 .
- Ter o ranking más alto de la historia con 2851 puntos elo.
- Ten o record de máis consecutivos torneos gañados.
- Durante a década dos Oitenta conseguiu ou gañar ou quedar empatado có primeiro en tódolos torneos que disputou.
Referencias / Outras ligazóns
- Wikipedia (páxina web).
- Partidas xogadas no XXX Campionato do mundo de 2000 entre Garry Kasparov e Anatoly Karpov (formato pdf), partidas aqui .
- Recopilación de partidas de Kasparov (2.157 partidas , en formato pgn, comprimidas en zip).
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Modificado o ( Luns, 26 Novembro 2007 15:35 )





