Exercicios de Xadrez
Unha das formas más sinxelas e adecuadas para saber os coñecementos que un alumno ou un mesmo ten do Xadrez é mediante a resolución de problemas. Un problema de Xadrez é unha posición de pezas nun taboleiro dispostas para facer ou embelecer unha idea ou un tema de mate, nun número nalguns casos prefixado de xogadas que anúnciase de antemán. Os problemas de xadrez teñen como cualidades fundamentais a orixinalidade, a dificultade, beleza e elegancia, variedade, economía e corrección.
Para resolver estes problemas sempre hai que partir da premisa que teñen solución, iso é algo fundamental, porque nunha partida que estés xogando nun torneo nunca existe un xenio que te di o oido "tes unha xogada coa que gañas". Por iso, sempre hai que tratar de facelo problema e nunca darse por vencido, e se non se sabe, pois podedes ver a solución e logo pensar por qué non fóstedes capaces de acadala. Na maioría dos casos pensaredes "como non vin isto, que sinxelo que é", pero non importa, o verdadeiramente importante é ter constancia.
Existen miles de páxinas webs no mundo con este tipo de exercicios. Nos vamos a recomendar unha, para que todos aqueles, alumnos e non alumnos, pais e nais, e visitantes da páxina web se animen a facelos. Trátase da páxina DejaScchi. O material ven en documentos pdf, para os cales é necesario ter o programa Adobe Acrobat Reader. Ademáis para a descarga de todos os pdfs é necesario ter o programa Winrar, un compresor de arquivos. Veña veña... xa tedes tarefas que facer. Por último dicir que todos os documentos pdfs teñen as solucións o final do mesmo e que para saber quen lle toca mover tedes que ver o nome dos xogadores. Se o nome dos xogadores está sen suliñado, é que xogan brancas, e se está suliñado xogan negras.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Modificado o ( Martes, 02 Decembro 2008 13:22 )




