Avaliación do usuario: / 30
RuínMellor 

Onte, sábado día dezaoito de xullo o Club de Xadrez Albatros despediu tras unha emotiva cea  ós tres mestres que crearon a escola de Xadrez e que desenvolveron durante mais de nove anos as clases deste deporte. Deporte onde suplían con vontade e esforzo ó pequeno aporte económico que tiñan. Penso que a dedicación ós nenos e a satisfacción de velos progresar e o que fixo tan longa segundo eles, e tan corta segundo nos os pais a súa estancia con nós.

despedida (1)

despedida (2)

despedida (3)

Dende o Club de Xadrez e tamén  de todos nós GRACIAS A:

  DANI por ser un coordinador excelente

AVELINO por facer mellorar ós nenos nas técnicas deste deporte.

 RAFA polo esforzo e agarimo que transmitías

profesores (6)

profesores (5)

profesores

 Dito acontecemento foi realizado no restaurante es Brasas (San Miguel de Tabagón), coa axuda inestimable de dúas nais que con moito esforzo e sacrificio se fixeron cargo de tan tedioso traballo ó coordinar a tódolos pais para evitar que algún fora esquecido, pero non foi así, e case todos asistiron  con seus fillos á cea sen apenas faltar algún, e os poucos que non asistiron foi por mor de desprazamentos ou vacacións.

despedida (4) despedida (5) despedida (6)

 

¡GRACIAS  FINA e RITA!

despedida

A tarta de despedida foi unha obra de pastelería que aparte do seu éxito entre os comensais foi un taboleiro de xadrez feito con todo detalle e fermosos  decorados que a facían única . 

¡GRACIAS ROGELIO!

 

tarta tarta (2) tarta (1)

Dende este pequeno artigo só pretendemos agradecer o que fixeron durante tanto tempo e que nós con agarimo o manifestamos cun pequeno detalle, que é unha cea e moita admiración ó traballo ben feito.

A vos os tres: Dani, Rafa e Avelino gracias e ata logo, porque as portas sempre estarán abertas e non queremos un ata  nunca; como dixo Fernando vir só os sábados. 

despedida (6) despedida (7) despedida (8)
despedida (9) despedida (10) despedida (11)
despedida (12) despedida (13) despedida (14)
despedida (15) profesores (1) profesores (2)
profesores (3) profesores (4)

charla (2)

charla (1) charla (4)

charla

 

Unha aperta e ata sempre por todos e cada un dos asistentes.

 

Miguel Reboredo.

Modificado o ( Mércores, 22 Xullo 2009 17:03 )