Comezo da Liga Galega de Xadrez 2008
Neste mes de Xaneiro darán comezo as competicións de liga da
Federación Galega de Xadrez.
O Club de Xadrez Albatros contará nesta tempada con cinco equipos, que disputarán o Campionato en tres categorías diferentes. O local de xogo troca de situación, e disputaremo-las partidas, nas instacións do Antiguo Colexio Rodríguez Sinde.
O Xadrez Albatros A, está encadrado no Grupo D da Segunda División Galega, comezará a competición viaxando a Ourense para enfrontarse co Xadrez Ourense Xuvenil o vindeiro 12 de xaneiro, ademáis deste, terá coma rivais o Fontecarmoa McDonalds, Tempu-Alekhine B, Helios-Bembrive, Xadrez Loureiro A, E.P.X Bouzas A, Universitario Ourense A, Fischer C, Liceo Ourense B, Mosefesa & The Wailers, Peña Recreativa Pera, Xadrez Altamira e Xadrez Teis Amesal A.
Por outra banda, na Terceira Categoría, contamos con dous equipos, o Xadrez Albatros B, que quedou encadrado no Grupo J, cos seguintes rivais: Lucena B, Alekhine-Tempu C, Helios-Bembrive B, Villa de Bouzas A e C, Laroca Nigrán B, ONCE Vigo, Terra de Condes, Lucena D. E o Xadrez Albatros C, neste caso no Grupo K, e cos seguintes rivais; Xadrez Ponteareas B, Laroca Nigrán C, CEMAR, Lucena A e C, Santiago Apóstol A, Teis Amesal B, Laroca Nigrán D e Villa de Bouzas B.
Ámbolos conxuntos iniciarán o Campionato o 12 de xaneiro, no caso do Xadrez Albatros B viaxando a Vigo para enfrontarse ó Alekhine-Tempu C, e o Xadrez Albatros C, Finalmente, o vindeiro sábado 19 de Xaneiro nas instalacións do Recreo Artístico Guardés, no local das clases, a partir das 16:30h. terá lugar a celebración da primeira Xornada da liga de 4ª División. Este ano a competición troca de sistema, disputándose as cinco primeiras xornadas no mesmo día, e as cinco seguintes o sábado seguinte. Da mesma maneira que a Federación Galega de Xadrez, concedeunos a organización desta primeira Xornada a súa continuación terá lugar o día 26 de Xaneiro nas instalacións da AA.VV Dr. Fleming, no local de xogo que posúen na Av. de Zamora 80, Baixo (Vigo).recibindo o Teis-Amesal B, na nova sede de competicións ubicada nas instalacións do Antigo Colexio Rodríguez Sinde.
Nesta categoría contamos co Xadrez Albatros D e Xadrez Albatros E, incluídos no Grupo B, xunto con Xadrez Fleming, Escola de Bouzas A, B e C, Lucena E e F, Laroca-Nigrán Junior, e Santiago Apóstol C e B.
Este ano o Club presenta máis de corenta xogadore
s federados repartidos nas cinco formacións. Por unha banda, o Albatros A, que conta cos xogadores máis veteranos do Club coma Avelino Domínguez e Rafa Alonso (monitores na Escola de Xadrez), Carlos Reboredo, Isidro Durán e Vladimir Stoujinski, e José Miniño, primeiro xogador da Escola de Xadrez Albatros que se incorporou o primeiro equipo, e que xa está consolidado dentro do grupo e da categoría. O primeiro equipo, parte co obxectivo de tódolos anos, manterse na categoría e se é posible procurar optar os postos altos da clasificación. Tras un bo ano, no que se acadou a cuarta posición, empatado a puntos co terceiro, este pode ser a ocasión para consolidarse coma unha das formacións que teñan opción o ascenso.
Os equipos que disputan a competición da terceira m
anexan obxectivos totalmente dispares. No tocante ó Albatros B, composto por xogadores novos, aínda que con experiencia competitiva, Rubén González, Sara Rodríguez, Sergio Lomba, Alfonso Español, acompañados por Jesús Lomba e Daniel Lomba (Responsable das categorías inferiores do Club), esta formación ten dúas premisas na súa competitividade, por unha banda, procurar a recuperación do seu rendemento, que o levaba a manexarse nos postos altos do grupo, tendo tódolos anos opcións ó ascenso, pero que na pasada edición non atopou. E a formación de xogadores para o segundo equipo, que como cada ano, se irán incorporando puntualmente dependendo do seu rendemento e das necesidades do Albatros A.
Para o Albatros C, este ano suporá unha oportuni
dade de formación e acumular experiencia competitiva na categoría, os seus membros, Germán Vilaplana, Ángel Reboredo, Sabela Mouriño, Saúl Díaz, acompañados por José Quintas e David Estévez, loitarán nun grupo moi competitivo, pero co obxectivo de aprender o máximo dos rivais independentemente dos resultados acadados.
Por último, temos os nosos pupilos máis novos, aínda que algúns xa van acumulando unha experiencia considerable, os Albatros D e E, disputarán na Cuarta Categoría unha edición remodelada do Campionato. Aínda que o primeiro ano da edición desta categoría o Club de Xadrez Albatros proclamouse campión, no ano 2005, o obxectivo desta categoría e a formación de xogadores, e darlles a oportunidades de competir e compartir o xogo con outros rapaces doutras Escolas e Clubs. Por iso, aínda que o resultado ten a súa importancia, o que prima nestas formacións e que os rapaces disputen o maior número de partidas posibles, e aprendan, mentres compiten.
Xa para rematar, desexar a tódolos membros do Club e da Escola, que disfruten das súas respectivas competicións, e que valoren o despliegue que fai o Club para que todo isto se poida levar a cabo. O final da tempada faremos as valoracións pertinentes, agardando que todos nos atopemos moi satisfeitos cos resultados, competitivos e persoais.
Máis información:
- Completa información da Liga Galega 2008 na páxina FEGAXA .
- Imaxes do local de xogo do Club Albatros para o equipo A, B e C.
| < Anterior |
|---|
Modificado o ( Martes, 23 Xuño 2009 01:18 )




