Club Xadrez Albatros D, Líder provisional da Cuarta Galega
O pasado Sábado día 19, celebrouse en A Guarda, a primeira xornada das dúas coas que conta a presente edición da Liga Galega de Xadrez na Cuarta División.

Este ano a Federación Galega de Xadrez propuxo a celebración de tódalas roldas en dúas xornadas, e concedeu a organización desta primeira xornada ó Club de Xadrez Albatros . Nas instalacións da Sociedade Recreo Artístico Guardés, lugar habitual das clases da Escola de Xadrez Albatros, celebrouse este primeiro encontro cunha moi boa afluencia de público e xogadores.
Cada equipo estivo representado por catro xogadores en cada rolda, e nalgúns casos trocábanse segundo se ían disputando os encontros, de tal maneira, que tódolos membros do equipo disputasen a lo menos unha partida, xa que hai equipos que contaban con ata doce membros.
Finalmente, e trala disputa das primeiras cinco roldas, a clasificación provisional vai como sigue:
| 1º | Club Xadrez Albatros D | 17 puntos |
| 2º | Santiago Apóstol B | 15 puntos |
| 3º | Escola de Bouzas A | 12 puntos |
| 4º | Escola de Bouzas B | 11 puntos |
| 5º | Club de Xadrez Albatros E | 9 puntos |
| 6º | Laroca-Nigrán Junior | 9 puntos |
| 7º | Lucena F | 7,5 puntos |
| 8º | Lucena E | 6,5 puntos |
| 9º | Xadrez Fleming | 5 puntos |
| 10º | Santiago Apóstol C | 5 puntos |
| 11º | Escola de Bouzas C | 3 puntos |
O vindeiro sábado 26, nas instalacións do Club de Xadrez Dr. Fleming de Vigo, pecharase a competición, proclamándose ó vencedor da categoría. Os dous equipos mellor situados son o Club de Xadrez Albatros D con 17 puntos, seguido de Santiago Apóstol B (Ponteareas) con 15 puntos. Ambos teñen pendente o seu enfrontamento particular, que de seguro, decidirá quen se fará co Campionato. Todo isto co permiso das dúas formacións da Escola de Bouzas de Xadrez (Vigo), A e B, que aínda conservan opcións de cara a derradeira xornada. Boa actuación do Club de Xadrez Albatros E, que acadou a quinta plaza provisoria cos mesmos puntos co Laroca-Nigrán Júnior.
Por outra banda, este mesmo sábado 19 disputouse a xornada dúas na segunda e terceira división, onde o Club de Xadrez Albatros contra con un (Albatros A) e dous (Abatros B e C) representantes respectivamente.
Máis Información:
- Album de fotos.
- Resultados provisionais en formato pdf.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Modificado o ( Venres, 08 Febreiro 2008 22:17 )




