Liga Galega de Xadrez 2009.
A Federación Galega de Xadrez ven de publicar a Listaxe Oficial dos Equipos e o seu Grupo Competitivo nas divisións de prata e bronce para a vindeira Liga Galega de Clubes de Xadrez 2009. O Club Xadrez Albatros, presenta este ano seis equipos, o máximo na súa historia, e polo tanto terá dobre representación nas tres divisións nas que participará; segunda, terceira e cuarta galega. Este ano a denominación dos equipos será “xadrezalbatros.com”, para fomentar a visita a páxina web do Club
Segunda División
| GRUPO C | GRUPO D | |
| xadrezalbatros.com "B" | xadrezalbatros.com "A" | |
| Albariño | Ateneo de Ourense | |
| Academia Enot-Caballo de Troya | Infortui "B" | |
| Marín "A" | Lucena "A" | |
| Padrón "B" | Mosefesa & The Wailers | |
| A Estrada "A" | Helios-Bembrive "A" | |
| Laroca-Nigrán "B" | Laroca-Nigrán "A" | |
| Academia Copérnico | Jorge Cuña | |
| Bueu "B" | Correduría Tempu- Alekhine | |
| Chigorín | Xadrez Ourense Xuvenil | |
| Fischer "B" | EXP "A" | |
| CFX - A Marina | Liceo Orensano | |
| Xadrez Ourense Junior | Franouren Loureiro "A" | |
| EXP "B" | Villa de Bouzas "A" |
Na Segunda División Galega, e por primeira vez contaremos con dous equipos representativos da Guarda. O Xadrezalbatros.com “A” repetirá Grupo D, e practicamente rivais, salvo as novidades derivadas dos ascensos e descensos correpondentes.
Nesta edición o primeiro equipo do Club, non debería ter os problemas do pasado ano para mante-la categoría, e quen sabe, se fora capaz de situarse entre os tres primeiros da clasificación, lograr un histórico ascenso a Primeira División, aínda que para iso terán que loitar e porse moi serios dende a primeira xornada.
Outra cousa vai ser o Xadrezalbatros.com “B”, que se estrea na categoría, e estará incluído no Grupo C, un Grupo bastante forte, e que suporá todo un reto para que o equipo que logrou o ascenso a pasada campaña. O obxectivo será, como non, a permanencia, sen embargo, a realidade é que este equipo constituído na súa meirande parte por rapaces en formación, o que debe tentar é gozar do xogo e da experiencia, e aprender todo o que poida, que os resultados virán solos. E non sorprendería para nada, que fosen capaces de conserva-la categoría, o cal, sería un novo éxito dun grupo de xogadores que supoñen o mellor expoñente da Escola de Xadrez Albatros e o futuro do Club de Xadrez ACD Albatros.
Debemos lembrar que no vindeiro ano 2009 o sistema de ascensos e descentro sufriu un pequeno troco para adaptarse a unha nova disposición que adoptará a Liga Galega no ano 2010, e que, na Segunda División, tres serán os equipos que ascendan a Primeira categoría, por tan só dous descensos. Unha oportunidade para o Club para consolidar dous equipos na segunda categoría, ou incluso aspirar o ascenso nalgunha delas.
Se falamos de futuro, a cousa non remata no segundo equipo, xa que na Escola de Xadrez Albatros, atopámonos cunha boa cantidade de ilusión e traballo que cada sábado aportan os alumnos, e que este ano terán o seu reflexo nos dous equipos Xadrezalbatros.com “C” e Xadrezalbatros.com “D”, ámbolos incluídos no Grupo I, da Terceira División. Os dous equipos buscarán facer un bo papel competitivo á vez que aprenden e recollen a experiencia suficiente que lles axude a subir e formar parte dos dous primeiros equipos. Tendo en conta, que o Equipo “C” xa fixo un bo papel na pasada campaña, no sería extrano que tivese opcións a disputa da primeira praza que da dereito o ascenso, ou ben da segunda, a promocionar. Por outra banda, o cuarto equipo do Club, conformado na súa maioría, polos xogadores que conquistaron o Título da Cuarta Galega neste presente ano, disputará a Liga na procura de acumular experiencia competitiva e dar algunha que outra sorpresa.
| 3ª División GRUPO I | |
| A. Comparsa Terra de Condes | |
| xadrezalbatros.com "C" | |
| xadrezalbatros.com "D" | |
| Villa de Bouzas "B" | |
| Lucena "B" | |
| ONCE "A" | |
| ONCE "B" | |
| Helios-Bembrive "B" | |
| Xadrez Altamira | |
| Laroca-Nigrán "C" | |
| Laroca-Nigrán "D" | |
| CEMAR | |
| Xadrez Ponteareas "B" | |
| Universitario Ourense "B" |
O sorteo dos emparellamentos competitivos celebrarase o vindeiro venres 19 de Nadal, nas instalacións da Federación Galega de Xadrez, daquela xa teremos ese primeiro encontro inaugural para cada equipo que se disputará o 10 de xaneiro do 2009.
Cando teñamos máis información sobre os Grupos da Cuarta División, así como os emparellamentos da liga, os publicaremos o máis cedo posible. Máis información, na web da Federación www.fegaxa.org .
| < Anterior |
|---|
Modificado o ( Luns, 29 Xuño 2009 11:58 )




