Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

             O pasado sábado día 10 de xaneiro celebrouse a primeira xornada nas diferentes divisións da Liga Galega 2009.  

             Daquela o Club de Xadrez Albatros viviu o seu “derbi” na terceira división entre os equipos C e D do “xadrezalbatros.com”, coa clara victoria do Equipo C, que será a aposta polo ascenso nesta categoría por parte do Club, mentres que o Equipo D, procurará acumular experiencias e competición para cada un dos seus membros.                 

 

 

        O extreo dos Equipos A e B, non foi precisamente moi exitoso nesta primeira rolda. Por unha banda, e como ven sendo habitual nos últimos anos, o equipo A tan só puido arrancar un punto da súa visita ó “Xadrez Ourense Xuvenil”, e o equipo B, debutante na categoría, apenas unhas tablas ante os pontevedreses do “Enot – Caballo de Troya”.            

         Sen embargo, aínda que as cousas non arrancaron con victorias, xa que nesta segunda xornada repetíronse os resultados da primeira xornada na segunda división, a Liga e un longo camiño e tan só se deron dous pasos dos trece que consta. E a pesares da derrota por 3-1 do Equipo A ante o “Lucena A” de Vigo, e o contundente 4-0 de “Marín A”, o obxectivo da permanencia para ambos equipos segue moi vivo, xa que as cousas non son como comezan se non como rematan. E sobretodo, para o equipo B, que aínda lle ten que coller o fío á categoría. De seguro que cando o faga, vai ser un rival a ter en conta na loita pola permanencia.            

         Outra cousa está a ser a Terceira División, nesta, o “xadrezalbatros.com C” demostrou que pode ser un dos candidatos o ascenso trala súa victoria ante o “Lucena B”  por 2,5 a 1,5. O equipo D, foi derrotado polo “Laroca Nigrán” por 3-1.            

         A continuación mostrámosvos unhas imaxes do estreo dos equipos A e B do novo local de xogo, ademais da victoria do “xadrezalbatros.com C”. Agardando, que a crónica do peche da Liga conte coas boas novas da permanencia dos equipos A e B, así como, quen sabe, o do ascenso do C, seguiremos traballando e esforzándonos cada sábado…

liga 2009

liga 2009

liga 2009

liga 2009

liga 2009  

Modificado o ( Luns, 29 Xuño 2009 11:56 )