Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

          Espectacular remontada dos equipos na Segunda división da liga Galega. Unha sexta xornada que resultou moi positiva para ós equipos do Club de Xadrez Albatros.

          Coma ven sendo habitual nos últimos anos o Equipo A protagonizou un mal inicio de tempada, do que se vai recuperado nas últimas xornadas e en especial nesta onde trala victoria fronte o "Club de Xadrez Viladebouzas B" de Vigo, por  2,5 a 1,5, con victorias de Avelino, Carlos, táboas de Isidro e a derrota de Suso, permítelle abandoar a derradeira praza da clasificación, e pensar en que a permanencia, un ano máis, e un obxectivo razoable para o equipo veterano do Club.

 

      O Equipo B, tamén tipo unha actuación destacable, e acadou a súa primeira victoria da tempada fronte o "Club de Xadrez Bueu". Victorias de Sara e Dani, e táboas de Sergio, coa derrota de Rubén para un 2,5 a 1,5.  O que lle permite alonxarse máis da derradeira posición, a que condena o descenso, e da que os rapaces da Escola de Xadrez parecen ter claro cada día máis a súa capacidade e competencia para disputa-la segunda categoría con garantías. Hai que ter en conta que xa se enfrentou os rivais que están a ocupar as primeiras posicións, e case sempre conseguiu algún puntiño, cando non se logrou o empate, coma no seu enfrontamento co "Chigorin" de Cangas.

          Na terceira División o máis destacable e o baixón que nas últimas xornadas se está a observar no Equipo C e que pode mermar as súas posibilidades de ascenso, aínda que resta moito de Campionato e enfrontamentos directos cos equipos que se vai a xogar as prazas de ascenso. Finalmente, o equipo D, segue colleitando bos resultados tendo en conta as súas expectativas para a presente campaña.

(FOTOS: Carlos Reboredo Otero)

SEGUNDA DIVISIÓN  GRUPOS C e D  PONTEVEDRA XORNADA 6 
RONDA 6 (14/02/2009) GRUPO C
Acta Equipo local Resultado Equipo visitante
XADREZALBATROS.COM "A" 2,5 - 1,5 VILLA DE BOUZAS "A"
FRANOUREN LOUREIRO "A" 1 - 3 E.X.P. "A"
CORREDURÍA TEMPU- ALEKHINE 1 - 3 LUCENA "A"
HELIOS-BEMBRIVE "A" 3,5 - 0,5 LICEO DE OURENSE "B"
XADREZ OURENSE XUVENIL 2 - 2 LAROCA- NIGRÁN "A"
INFORTUI "B" 0 - 4 MOSEFESA & THE WAILERS
ATENEO DE OURENSE 2,5 - 1,5 JORGE CUÑA
   
RONDA 6 (14/02/2009) GRUPO D
Acta Equipo local Resultado Equipo visitante
E.X.P. "B" 3,5 - 0,5 FISCHER "B"
XADREZALBATROS.COM "B" 2,5 - 1,5 CLUB XADREZ BUEU "B"
LAROCA- NIGRÁN "B" 2 - 2 CXF-A MARINA
CLUB ALBARIÑO 0,5 - 3,5 PADRÓN "B"
XADREZ OURENSE JUNIOR 3,5 - 0,5 CHIGORÍN
A.C. A ESTRADA "A" 1,5 - 2,5 MARÍN "A"
ACADEMIA COPÉRNICO 1 - 3 ACADEMIA ENOT - CABALLO DE TROYA
 TERCEIRA DIVISIÓN  GRUPO I  PONTEVEDRA SUR XORNADA 6   
RONDA 6 (14/02/2009)
Acta Equipo local Resultado Equipo visitante
XADREZALBATROS.COM "C" 0 - 4 O.N.C.E. "A"
LAROCA- NIGRÁN "D" 0,5 - 3,5 A. COMPARSA TERRA DE CONDES
HELIOS-BEMBRIVE "B" 0 - 4 CEMAR
VILLA DE BOUZAS "B" 1,5 - 2,5 O.N.C.E. "B"
XADREZ ALTAMIRA 1 - 3 LUCENA "B"
LAROCA- NIGRÁN "C" 1 - 3 XADREZALBATROS.COM "D"
  

 

 

Modificado o ( Luns, 21 Decembro 2009 19:29 )