Liga 2009. Cuarta División. Xornada 1.
Hoxe domingo día 15 celebrouse nas Instalacións da Sociedade Recreativa Artístico Guardés a primeira xornada da Cuarta División da Liga Galega de Xadrez no Grupo C, Pontevedra Sur.
Esta primeira xornada terá a súa continuación a semana que ven nas instalacións do Colexio Público Mallón de Nigrán, onde se disputarán as últimas tres roldas que completan a sete das que consta a competición.
Disputadas as catro primerias roldas o Club de Xadrez Santiago Apóstol “A” de Ponteareas, encabeza a clasificación con 16 puntos, contando tódalas partidas disputadas con victorias, converténdose este ano no gran favorito para obtelo título. Seguido de preto atopamos o Xadrezalbatros.com “E” de A Guarda, que con 15 puntos, que aínda garda opcións, sobretodo tendo en conta que na derradeira xornada, enfróntanse estes dous equipos. O terceiro en discordia, e agradando os seus enfrontamentos ante os dous equipos anteriores, está o Escola de Bouzas “A”. Os demais conxuntos aínda que sen opcións para as primeiras prazas, seguirán desputando as súas posicións e desfrutando con todos dunha xornada lúdica e competitiva, como corresponde a esta categoría de formación.
| Liga Galega de XadrezGrupo C 4ª División | Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 | Rolda 4 | Total | |
| 1 | Santiago Apóstol A | 4 | 4 | 4 | 4 | 16 |
| 2 | Xadrezalbatros.com E | 4 | 4 | 3 | 4 | 15 |
| 3 | Escola de Bouzas A | 4 | 4 | 2 | 3 | 13 |
| 4 | Laroca Nigrán Infantil | 4 | 0 | 1 | 2,5 | 7,5 |
| 5 | Xadrezalbatros.com F | 0 | 4 | 2 | 0 | 6 |
| 6 | Santiago Apóstol B | 0 | 0 | 3 | 1,5 | 4,5 |
| 7 | Xadrez Fleming B | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 |
| 8 | Xadrez Fleming A | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Modificado o ( Luns, 16 Marzo 2009 09:38 )




