O Equipo B do Club de Xadrez Albatros consegue a victoria diante do líder da categoría, o Club de Xadrez Ourense Junior.
Sen dúbida hai que felicitar o “xadrezalbatros.com B” que obtivo o mellor resultado da tempada nesta undécima xornada. Boa victoria por 3 a 1, fronte un dos mellores equipos do grupo, esta terceira victoria confirma de modo matemático a permanencia do equipo na segunda división da Liga Galega para o vindeiro ano.
O resultado configurouse coas dúas victorias acadadas por parte de Alfonso Lorenzo e Sara Rodríguez, e as táboas de Sergio Lomba e Rubén González.
Por outra banda, o Equipo A tirou un puntiño da súa visita a Nigrán gracias as táboas conseguidas por parte de Avelino Domínguez e Carlos Reboredo, un bo resultado tendo en conta o rival, inmerso na loita polo ascenso. A falla de dúas xornadas, tan só necesitan de punto e medio para salvarse matematicamente.
Na terceira división, os resultados non foron bos, derrota do Equipo C ante o Club de Xadrez Altamira, de Salceda de Caselas, por 3,5 a 0,5, e do Equipo D, por 4-0, ante os vigueses da ONCE A, sen embargo hai que matizar que ambos rivais están nos postos de ascenso á segunda división, e que tres xogadores de Cuarta División formaron parte dos equipos que disputaron os encontros.
Agora teremos dúas fins de semana de descanso da Liga para disputalos Campionatos Galegos sub 8, 10, 16 e Absoluto, en Padrón e pola festividade da Semana Santa. Tras este parón, apenas quedarán dúas xornadas que definirán as posicións definitivas de cada equipo en cada grupo.
.
SEGUNDA DIVISIÓN GRUPOS C e D PONTEVEDRA XORNADA 11
| RONDA 11 (28/03/2009) GRUPO D |
|
| Equipo local | Resultado | Equipo visitante | | LAROCA- NIGRÁN "A" | 3 - 1 | XADREZALBATROS.COM "A" | | LICEO DE OURENSE "B" | - | MOSEFESA & THE WAILERS | | LUCENA "A" | 2,5 - 1,5 | JORGE CUÑA | | E.X.P. "A" | 2,5 - 1,5 | ATENEO DE OURENSE | | VILLA DE BOUZAS "A" | - | INFORTUI "B" | | FRANOUREN LOUREIRO "A" | 3 - 1 | XADREZ OURENSE XUVENIL | | CORREDURÍA TEMPU- ALEKHINE | 0,5 - 3,5 | HELIOS-BEMBRIVE "A" |
|
| RONDA 11 (28/03/2009) GRUPO C |
|
| Equipo local | Resultado | Equipo visitante | | CHIGORÍN | 3 - 1 | E.X.P. "B" | | PADRÓN "B" | 2 - 2 | MARÍN "A" | | CXF-A MARINA | 3,5 - 0,5 | ACADEMIA ENOT - CABALLO DE TROYA | | CLUB XADREZ BUEU "B" | 2,5 - 1,5 | ACADEMIA COPÉRNICO | | FISCHER "B" | 1,5 - 2,5 | A.C. A ESTRADA "A" | | XADREZALBATROS.COM "B" | 3 - 1 | XADREZ OURENSE JUNIOR | | LAROCA- NIGRÁN "B" | 2 - 2 | CLUB ALBARIÑO |
|
TERCEIRA DIVISIÓN GRUPO I PONTEVEDRA SUR XORNADA 11 |
| Equipo local | Resultado | Equipo visitante | | O.N.C.E. "B" | - | CEMAR | | LUCENA "B" | 2,5 - 1,5 | A. COMPARSA TERRA DE CONDES | | XADREZALBATROS.COM "D" | 0 - 4 | O.N.C.E. "A" | | LAROCA- NIGRÁN "C" | 1 - 3 | PUB JJ COPAS-XADREZ PONTEAREAS "B" | | XADREZ ALTAMIRA | 3,5 - 0,5 | XADREZALBATROS.COM "C" | | VILLA DE BOUZAS "B" | 2 - 2 | LAROCA- NIGRÁN "D" |
|
Tódolos resultados incompletos están pendentes de actualización por parte da Federación Galega de Xadrez.Máis información en www.fegaxa.org