Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

            O Equipo A do Club de Xadrez Albatros consegue un empate que lle concede matematicamente a permanencia na segunda categoría para o vindeiro ano.

 

 

 

 

 

         

              Os vigueses de Helios-Bembrive firmaron un empate tralas victorias de Avelino Domínguez e Isidro Duran, e a derrota de Carlos Reboredo e de Sabela Mouriño, esta última procedente do equipo de terceira división.  

O Equipo B, remata a temporada coa tranquilidade da permanencia sabida hai varias xornadas e con bos resultados. Se na anterior xornada xa se gañara ós líderes do grupo, nesta ocasión na súa viaxe á Estrada, acadouse unha victoria por 3 – 1, que confirma o bo nivel do equipo, e as boas expectativas para o vindeiro ano. Victorias de Sergio Lomba, Sara Rodríguez, Rubén González e táboas por parte de Jesús Lomba.

           Na terceira división o Equipo C, acadou a victoria fronte o Laroca-Nigrán, por 2,5 a 1,5, mentres que o Equipo D saíu derrotado na súa visita a Ponteareas por un contundente 4-0. 

  SEGUNDA DIVISIÓN  GRUPOS C e D  PONTEVEDRA XORNADA 11  

RONDA 12 (18/04/2009) GRUPO D
Equipo local Resultado Equipo visitante
XADREZALBATROS.COM "A" 2 - 2 HELIOS-BEMBRIVE "A"
XADREZ OURENSE XUVENIL 3 - 1 CORREDURÍA TEMPU- ALEKHINE
INFORTUI "B" 0,5 - 3,5 FRANOUREN LOUREIRO "A"
ATENEO DE OURENSE - VILLA DE BOUZAS "A"
JORGE CUÑA 0 - 4 E.X.P. "A"
MOSEFESA & THE WAILERS 2 - 2 LUCENA "A"
LAROCA- NIGRÁN "A" 3,5 - 0,5 LICEO DE OURENSE "B
  
RONDA 12 (18/04/2009) GRUPO C
Equipo local Resultado Equipo visitante
E.X.P. "B" 1,5 - 2,5 CLUB ALBARIÑO
XADREZ OURENSE JUNIOR 3,5 - 0,5 LAROCA- NIGRÁN "B"
A.C. A ESTRADA "A" 0,5 - 3,5 XADREZALBATROS.COM "B"
ACADEMIA COPÉRNICO 0,5 - 3,5 FISCHER "B"
ACADEMIA ENOT - CABALLO DE TROYA - CLUB XADREZ BUEU "B"
MARÍN "A" 0,5 - 3,5 CXF-A MARINA
CHIGORÍN 1,5 - 2,5 PADRÓN "B"
     TERCEIRA DIVISIÓN  GRUPO I  PONTEVEDRA SUR XORNADA 12  
RONDA 12 (18/04/2009)
Equipo local Resultado Equipo visitante
HELIOS-BEMBRIVE "B" 2 - 2 VILLA DE BOUZAS "B"
LAROCA- NIGRÁN "D" 0 - 4 XADREZ ALTAMIRA
XADREZALBATROS.COM "C" 2,5 - 1,5 LAROCA- NIGRÁN "C"
PUB JJ COPAS-XADRZ PONTEAREAS "B" 4 - 0 XADREZALBATROS.COM "D"
O.N.C.E. "A" - LUCENA "B"
A. COMPARSA TERRA DE CONDES - O.N.C.E. "B"
   Tódolos resultados incompletos están pendentes de actualización por parte da Federación Galega de Xadrez.Máis información en www.fegaxa.org  

Modificado o ( Luns, 21 Decembro 2009 19:25 )