Troco de sede das Clases de Xadrez
Hai cousa de dous anos e medio, a comezos do 2006, a sede da Escola de Xadrez, na aula de usos múltiples do Antiguo Colexio Manuel Rodríguez Sinde, non reunía as condicións mínimas necesarias para o desenvolvemento da nosa actividade, sobretodo tendo en conta o incremento considerable que en número de alumnos experimentamos nesa época. Daquela, e despois de levar seis anos decidimos a necesidade de trocar de aula.
Tras varios contactos e depois de valorar as múltiples opicións que algunhas asociacións e incluso particulares nos ofreceron estimamos que a máis adecuada, por cercanía e instalacións, foi a que D.Anselmo Martínez González presidente da Sociedade Recreo Artístico Guardés, que atendendo ó noso requerimento, accedeu a que poidésemos dispoñer do seu salón superior para poder impartir as Clases os sábados polas mañás.
Unha vez reformada a aula na que se orixinou a Escola de Xadrez Albatros alá polo ano 2000, e coa disposición que nos ofrece o Concello da Guarda de poder volver a utilizala, o equipo pedagóxico da Escola optou por retoma-la actividade nesta instalación, tendo en conta que ademáis poderíamos dispoñer dunha segunda aula, para a formación de adultos. Por tanto,o pasado 7 de marzoo realizouse o traslado. Dito troco ten unha motivación única e exclusivamente pragmática, de mellorar tanto das condicións de espazo como de dispoñibilidade, e quero suliñar dende aquí, o noso agradecemento a Sociedade Recreo Artístico Guardés, e o seu Presindente D. Anselmo, así como o persoal que o rexenta, a amabilidade que cada sábado nos prestou coa súa atención, e por suposto, a súa colaboración nos diferentes actos que celebramos nas súas instalacións, e que sempre, co permiso da Sociedade o seguiremos facendo.
.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Modificado o ( Luns, 16 Marzo 2009 10:33 )




