Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

    O pasado sábado 16 de maio celebrouse a novena edición do Torneo de Xadrez Concello de A Guarda, xogadores de tódalas idades e niveis, e das catro provincias galegas e un ano máis supuxo unha festa do xadrez na Guarda. 

  

       Antes de presentarvos os resultados, manifestar o máis sinceiro agradecemento ós máis de cen  xogadores que remataron a Competición e  ós acompañantes de tódolos rapaces que xunto con tódolos colaboradores da organización, nos axudan a converter o noso Torneo nunha festa, máis alá da mera competición.    

       Nota: o presente artigo sufriu algunhas modificacións e supresións de texto debido o troco de administrador da páxina web, axenos totalmente a vontade do autor, disculpade as molestias.

        A categoría Pre-benxamín foi dominada por Mireya Represa Pérez (Club de Xadrez Laroca de Nigrán), Ismael Aguirre Álvarez (Club de Xadrez Fleming de Vigo), o podium pechouno Mateo Vilaplana Baz (Club de Xadrez Albatros de A Guarda). Fóra del, e como Mellor xogador Local,  quedou Elsa Pena Vicente.  

        Os Benxamíns tamén tiveron o seu claro dominador en Daniel Lomba González (Club de Xadrez Albatros de A Guarda). Na segunda plaza Xabier Fandiño Piñeiro (Club de Xadrez Santiago Apóstol de Ponteareas), e completando o podium Pablo Fernández Cagigas (Escola Provincial de Xadrez de Vigo). Antía Mouriño Lomba, fíxose co trofeo de Mellor xogador Local.       

      O Campionato na categoría Alevín foi para Roberto González Rodríguez (Club de Xadrez Albatros de A Guarda), segunda posición para Anxo Rodríguez Álvarez (Escola de Xadrez de Ponteareas) e na terceira posición Sabela Mouriño Lomba (Club de Xadrez Albatros de A Guarda). Sergio González Correa, fíxose co título de Mellor xogador Local.   

      A cerimonia de entrega de Trofeos é Agasallos, estivo presidida por D. Jose Manuel Domínguez Freitas, Alcalde do Concello da Guarda, D. Manuel Javier Crespo González Concellal de Deportes do Concello da Guarda, D. Antonio Lomba Lomba Concellal de Cultura do Concello da Guarda D. Anselmo Martínez Pena Presidente da Sociedad Recreo Artístico Guardés, D. Miguel Reboredo Otero, Presidente do Club de Xadrez ACD Albatros, e Dna. Naír Rodríguez Rodríguez, Tesoureira do Club de Xadrez ACD Albatros. Agradecemos dende aquí o apoio recibido coa súa presencia na cerimonia de clausura do Torneo.     

                 Finalmente, agradecer a tódolos patrocinadores e colaboradores que nos apoiaron este ano, proporcionando os recursos económicos, os agasallos e apoio loxístico necesario para levar a cabo unha actividade coma esta. Tamén facer una mención especial a tódolos xogadores da Escola de Xadrez Albatros, que colaboraron na montaxe e realización do Torneo. No nome de Rafael Alonso Gómez (Árbitro da Categoría Absoluta) e no meu, Daniel Lomba Alonso (Arbitro das Categorías Base), agradecervos a vosa participación.

Un saúdo moi cordial para todos.  

 LISTADOS, ENFRONTAMENTOS E CLASIFICACIÓNS:

http://www.xadrezalbatros.com/torneos/concelloguarda2009/prebenxaminbenxamin/
http://www.xadrezalbatros.com/torneos/concelloguarda2009/alevin/
http://www.xadrezalbatros.com/torneos/concelloguarda2009/infantil/
http://www.xadrezalbatros.com/torneos/concelloguarda2009/absoluto/

GALERÍA DE IMAXES DO TORNEO (A galería se irá completando nos vindeiros días):

http://www.xadrezalbatros.com/images/FotosConcello2009/  

 

   

Modificado o ( Xoves, 11 Febreiro 2010 18:32 )