Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

Por segundo ano consecutivo temos o pracer de presentarvos a edición do Torneo Interno de Xadrez do Nadal.  O próximo 29 de Decembro a partires das 10:00h da mañán e o longo de todo o día, no salón onde temos as clases cada sábado, no Recreo Artístico Guardés. Lembrando o enorme éxito de participación así como o ambiente festivo que vivimos o ano anterior, agardamos repeti-la experiencia.

 Nesta edición repetiremos o formato, facendo unha competición pechada, onde só participarán alumnos das clases nas categorías infantís, polo que xa anunciamos que non se admitirán rapaces que non pertenzan a Escola. Sen embargo, na categoría de adultos,  o formato será semi-aberto, para xogadores do Club e familiares adultos dos rapaces, así como algúns invitados. 

CATEGORÍAS PARTICIPANTES

ADULTOS

 XOGADORES FEDERADOS: participarán os xogadores do Club, máis algúns xogadores federados invitados. Os alumnos cadetes e xuvenís estarán integrados nesta categoría. 

XOGADORES NON FEDERADOS: tódolos pais e familiares que o desexen, así como invitados que sexan xogadores non federados. 

ALUMNOS DAS CLASES 

Participarán os xogadores da Escola de Xadrez Albatros agrupados nas seguintes categorías: BENXAMÍN, SUB-10, nados no 98 e posterioresALEVÍN, SUB-12, nados nos 96 e 97INFANTIL, SUB-14, nados no 94 e 95.

PREMIOS:  Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, e ademáis, no caso dos rapaces todos terán un obsequio pola súa participación. 

SISTEMA DE XOGO:  Sistema suizo a 6 roldas con 25 minutos por xogador. O sistema de desempate será nesta orde: bucholz mediano, bucholz e progresivo.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN:  SÁBADO 29 DE DECEMBRO, no salón da segunda planta daSociedade “RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS”r./Puerto Rico, 12 A Guarda (Pontevedra)  

HORARIO DAS PARTIDAS : 10:00 h Presentación do Torneo 10:30 h 1º Rolda11:30 h 2º Rolda12:30 h 3º Rolda16:00 h 4º Rolda17:00 h 5º Rolda18:00 h 6º Rolda

CLAUSURA: Ó remate da rolda final farase a entrega de premios. E posteriormente trasladarémonos a Sede do Club na Cafetería Albatros, para tomar uns “pinchos”, e celebrar a participación no Torneo.

Modificado o ( Mércores, 12 Decembro 2007 20:01 )