Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

         Temos o pracer de presentarvos a edición do III Torneo Interno de Xadrez do NadalO próximo 27 de Decembro a partires das 10:00h da mañán e o longo de todo o día, no salón onde temos as clases cada sábado, no Recreo Artístico Guardés. 

          Nesta edición repetiremos o formato, facendo unha competición pechada, onde só participarán alumnos das clases nas categorías base (benxamín, alevín e infantil), polo que xa anunciamos que non se admitirán rapaces que non pertenzan a Escola. Sen embargo, na categoría absoluta, o formato será aberto, para xogadores do Club e familiares adultos dos rapaces, así como algúns invitados, e calquera persoa que desexe participar na competición. Ademáis nesta edición, inauguramos a sección competitiva na Categoría Absoluta para Alumos da Escola de Adultos.

CATEGORÍA ABSOLUTA   

XOGADORES FEDERADOS: participarán os xogadores do Club, máis algúns xogadores federados invitados, ou calquera outro que desexe participar aínda que pertenza a outro Club. Os alumnos cadetes e xuvenís estarán integrados nesta categoría. Ademáis, tódolos pais e familiares que o desexen, así como xogadores non federados. 

XOGADORES ALUMNOS DA ESCOLA DE ADULTOS: todos aqueles xogadores que están a participar no Curso de Xadrez para Adultos que se inaugurou este ano na Escola de Xadrez.

 

CATEGORÍA BASE

Participarán os xogadores da Escola de Xadrez Albatros agrupados nas seguintes categorías: BENXAMÍN, SUB-10, nados no 98 e posteriores, ALEVÍN, SUB-12, nados nos 96 e 97 e INFANTIL, SUB-14, nados no 94 e 95.

PREMIOS:  Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, e ademáis, no caso dos rapaces todos terán un obsequio pola súa participación. 

SISTEMA DE XOGO:  Sistema suizo a 6 roldas con 25 minutos por xogador. O sistema de desempate será nesta orde: bucholz mediano, bucholz e progresivo.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN:  SÁBADO 27 DE DECEMBRO, no salón da segunda planta da Sociedade “RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS”r./Puerto Rico, 12 A Guarda (Pontevedra)  

HORARIO DAS PARTIDAS : 10:00 h Presentación do Torneo 

10:30 h 1º Rolda

11:30 h 2º Rolda

12:30 h 3º Rolda

16:00 h 4º Rolda

17:00 h 5º Rolda

18:00 h 6º Rolda

CLAUSURA: Ó remate da rolda final farase a entrega de premios. E posteriormente trasladarémonos a Sede do Club na Cafetería Albatros, para tomar uns “pinchos”, e celebrar a participación no Torneo.

 

Modificado o ( Venres, 12 Decembro 2008 14:16 )