Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

 

          O sábado 27 celebramos a terceira edición do xa tradicional Torneo Interno. Toda unha festa para os alumnos da Escola de Xadrez, rapaces e adultos, os xogadores invitados e todos aqueles que conforman o grupo social do Club de Xadrez Albatros.

 

  Durante todo o día e nas instalacións da Sociedade Recreo Artístico Guardés, disputáronse un total de seis roldas que decidiron os cinco campións de cada Categoría. 

¡Novo! Galería de fotos do Torneo Nadal 2008

 

 

Na categoría Benxamín quedou como vencedor Antonio Cernadas Garrido con 5 puntos, na Alevín Daniel Lomba González con 5,5 puntos, na Infantil Antonio Castro Alonso con 5,5 puntos, na Absoluta pertencentes a Escola de Adultos de Xadrez, Fernando Alonso Rodríguez con 3 puntos e, o Campión do Torneo na categoría Absoluta, Sergio Lomba González con 5 puntos.

Noraboa a tódolos participantes e ós gañadores... Bo nadal a todos.
 

             

 

   

      

 

     

 

 

 

 

 

 

 

Modificado o ( Martes, 21 Xullo 2009 18:08 )